|
Ruxe Ruxe Carballo presenta o I Premio de artigos normalizadores (Galicia Hoxe, 08/04/05)
Consciente do papel fundamental da administración local na normalización lingüística, o Concello de Carballo presentou unha iniciativa pioneira a prol da lingua: o I Premio a artigos xornalísticos normalizadores. O galego, nas televisións dixitais galegas (La Voz de Galicia, 15/04/05)
21 comarcas galegas dispoñerán da súa propia televisión dixital; as canles deben emitir un 60% da programación de produción propia e utilizar o galego en, polo menos, no 50%, porque deben promover a identidade e os valores culturais de Galicia. A lingua sen présas (Galicia Hoxe, 19/04/05)
O Plan Xeral de Normalización Lingüística volve acumular atrasos; en marzo deberían ter chegado ao Parlamento as propostas para executalo, pero non será ata maio cando os parlamentarios debatan as medidas concretas para impulsar o idioma. O Concello de Pontevedra promove a REAL (Vieiros-galego.org, 22/04/05)
A Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) é unha iniciativa aberta, promovida polo concello pontevedrés, que aglutina unha ducia de entidades pontevedresas sensibilizadas coa normalización de usos da lingua galega. A Xunta presenta unha versión en galego do Office 2003 (A Nosa Terra, 14/04/05)
A Xunta presentou publicamente a versión en galego do Office 2003 catro meses despois de saír ao mercado no noso idioma, e logo de estar aniñado na páxina de Microsoft dende novembro de 2004. A oferta exclúe o Access e o FrontPage.
|
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |