Marzo do 2007
   Visita os números anteriores
Buscas


18/04/07 III Premio a artigos xornalísticos normalizadores. Carballo 2007

01/05/07 Cursos de verán de lingua galega para estranxeiros

15/05/07 Lingua de amor

28/05/07 Exames dos cursos de non galegofalantes

24/07/07 Premios á calidade e á excelencia lingüística

30/09/07 Enfoca o galego




InterActive Terminology for Europe

Unión Europea: IATE


 

 

 

 

 







Noutros números:

Os concursos de deseño gráfico, a punto


No Servicio de Normalización Lingüística recibíronse un total de 49 propostas de logotipo para as comisións de normalización lingüistica dos centros ata o pasado 25 de abril. O concurso para dotar de deseño gráfico e lema a publicidade da CNL de Bioloxía aínda ten o prazo aberto ata o 5 de maio.

Ciencias da Educación e a lingua galega (I)

No pasado curso 2001-2002 a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación elaborou un pequeno informe sobre comportamentos e ideas lingüísticas do seu profesorado. Velaquí unha síntese dos datos máis salientables.

Ciencias da Educación e a lingua galega (II)

E velaquí unha síntese dos datos máis salientables en canto a usos lingüísticos e actitudes do persoal docente de Ciencias da Educación. O estudio revela un panorama moi favorable para a lingua galega, tanto a existente na actualidade, como no que se refire a perspectivas de futuro.

EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente

Un dos proxectos didácticos máis interesantes que se están desenvolvendo en Europa no ámbito das linguas é EuroCom, que nace coa finalidade de facilitar o mantemento e a igualdade dos idiomas europeos promovendo un plurilingüismo masivo dos cidadáns. O galego debería apañar este tren.

É natural: a bioloxía tamén fala galego

Tal é o lema gañador do concurso promovido dende a Comisión de Normalización Lingüistica da Facultade de Bioloxía. Neste lema, apoiado nunha atractiva e simbólica imaxe gráfica, tamén obxecto do concurso,  se sustentará a campaña para difundir a existencia e as funcións da devandita Comisión.

Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua

O 10 de xuño inaugúrase, no Claustro da Facultade de Xeografía e Historia, a exposición que reúne os máis de 50 deseños gráficos presentados ó concurso para dotar dun logotipo ás comisións de normalización lingüística.

A lingua galega nos novos Estatutos (I)

O pasado 21 de maio culminou o proceso de elaboración dos novos Estatutos da USC, coa súa aprobación por parte do Claustro Universitario. Os novos Estatutos presentan, a respecto dos anteriores, algúns aspectos ben salientables en relación co estatus da lingua.

A lingua galega nos novos Estatutos (II)


Tres emendas das presentadas ós Estatutos enmárcanse nos procesos de fixación dos cadros de persoal e de selección, tanto do PDI como do PAS. Alén disto, por vez primeira os Estatutos recollen explicitamente entre os servicios da USC o Servicio de Normalización Lingüistica.

Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC

O Servicio de Normalización Lingüistica acaba de bota a andar, con grande éxito, USC-LEXITERM. Trátase dunha rolda de difusión do léxico científico en galego, para facilitar o labor de todos os que dentro da USC desenvolvemos nesta lingua a nosa actividade.

Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04

O Plan de Ordenación Docente (POD) para o curso que vén incorporou, por vez primeira, un apartado para a previsión do idioma en que se pretende impartir docencia. Tal novidade responde ás esixencias de transparencia na información que require a implantación na USC do Sistema de Créditos Europeos.

Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC

Como é habitual a estas alturas, os cursos de galego para non galegofalantes, que se desenvolven durante o curso académico, viron xa o seu final. De novo persoas procedentes de diversas nacionalidades e falantes de variados idiomas, teñen xa unha competencia mínima para entender e falar en galego.

Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego

A CNL de Psicoloxía anda cos preparativos dun curso baseado no achegamento multidisciplinar ás TIC no noso idioma, que desenvolva asemade o Plan de Normalización Lingüística e os plans de implantación das TIC para a docencia na USC. Velaquí unha entrevista con Concha Losada, da CNL de Psicoloxía.



























 

Co da Universidade da Coruña, xa todas as universidades galegas teñen candanseu plan de normalización lingüística. O que cómpre agora é determinación e recursos para botalo a andar, e que logo se vexa o froito. Sorte!

Unha cuarta parte do profesorado do ensino non universitario declara non posuír competencia docente en lingua galega. Terá algo que ver co uso das linguas na docencia universitaria? Poderán as universidades galegas resolver esta eiva formativa?



Imprimir

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 

 
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es