|
Axenda III Premio a artigos xornalísticos normalizadores. Carballo 2007 Os III Premios a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo, outorgan un primeiro premio de 1.000 euros e un segundo de 350, e en colaboración con oito medios de comunicación escritos, publícanse os dous artigos gañadores. http://www.carballo.org/imxd/convocatorias/doc/1171882165Bases_Premio_artigos_Carballo_07.pdf.Cursos de verán de lingua galega para estranxeiros Neste curso, en que se diferencian tres niveis, pódense inscribir todas as persoas que o desexen maiores de 18 anos, que desexen familiarizarse coa lingua galega e coa realidade sociocultural de Galicia. O prazo de matrícula remata o 1 de maio. http://www.usc.es/gl/cursos/cur_galextran.jsp.Lingua de amor Se escribes unha mensaxe amorosa en galego cun máximo de 150 caracteres e a envías ao concurso Lingua de amor, organizado polo Consello da Xuventude, podes gañar unha videocámara, unha cámara, un MP4 e lotes de libros en galego. http://www.cxg.org/comunicacion/noticia.php?id=251&lg=gal.Exames dos cursos de non galegofalantes Unha vez rematados os Cursos de galego para non galegofalantes, comezan os exames, con probas de comprensión e expresión oral e escrita. As persoas que os superen recibirán un certificado de aptitude e tres créditos de libre configuración. http://www.usc.es/snl/forma/modeloexamenongal.htm.Premios á calidade e á excelencia lingüística Ata o día 24 de xullo os estudantes que fagan un traballo académico con calidade abonda en lingua galega poderán presentalo aos III Premios á calidade lingüística e I Premio á excelencia lingüistica. Ata 600 euros en premios! http://www.usc.es/snl/dinamiza/calidade1.htm.Enfoca o galego Para participar no concurso Enfoca o galego, que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística, deberás enviar unha foto (máximo de 800x600 píxeles e 400 Kb) que simbolice, na túa perspectiva, a lingua galega, antes do 30 de setembro. http://www.galegoelogo.com/concursofoto/ventana_bases.html.
|
Co da Universidade da Coruña, xa todas as universidades galegas teñen candanseu plan de normalización lingüística. O que cómpre agora é determinación e recursos para botalo a andar, e que logo se vexa o froito. Sorte!
Unha cuarta parte do profesorado do ensino non universitario declara non posuír competencia docente en lingua galega. Terá algo que ver co uso das linguas na docencia universitaria? Poderán as universidades galegas resolver esta eiva formativa? |
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |