Marzo do 2007
   Visita os números anteriores
Buscas


18/04/07 III Premio a artigos xornalísticos normalizadores. Carballo 2007

01/05/07 Cursos de verán de lingua galega para estranxeiros

15/05/07 Lingua de amor

28/05/07 Exames dos cursos de non galegofalantes

24/07/07 Premios á calidade e á excelencia lingüística

30/09/07 Enfoca o galego




InterActive Terminology for Europe Unión Europea: IATE






 


Ruxe Ruxe

En Flandres o neerlandés segue sendo a lingua das escolas (Vieiros, 14/03/07)

O primeiro é que os alumnos coñezan perfectamente a súa lingua materna, indicou o presidente do goberno flamengo, ao rexeitar a creación de escolas bilingües.

O galego non conta para ser funcionario de concello (A Nosa Terra, 16/03/07)

Para ser secretario municipal, interventor ou depositario en Cataluña é obrigado acreditar o coñecemento do catalán e o mesmo sucede en Baleares e Valencia. No País Vasco é preciso saber o euskera. Mais o galego non computa

A escola vasca antepón o eusquera (El País, 22/03/07)

No sistema educativo vasco vai desaparecer o actual sistema de tres modelos lingüísticos para desembocar noutro único co eusquera como lingua principal e vehicular.

Reivindican a conxunción «e» para un galego puro (La Voz de Galicia, 23/03/07)

O Manifesto dos 170, redactado por Alonso Montero e subscrito por ese número de persoas de toda Galicia, reinvindica o uso da conxunción copulativa «e»como indicativo dun galego máis puro.

Os nenos bilingües crean frases máis complexas (Galicia Hoxe, 29/03/07)

Os nenos bilingües constrúen antes que os monolingües frases máis longas e complexas, sendo o seu vocabulario semellante, segundo un estudo do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e de Educación da USC, que utiliza as escalas MacArthur-Bates.

A Mesa pide a galeguización dos operadores de móbiles (A Mesa, 10/04/07)

A Mesa instou á Consellaría de Innovación e Industria a chegar a un acordo cos operadores e principais fabricantes de móbiles para que estes ofrezan en galego os seus servizos, a atención ao cliente e os propios terminais.

1/3 da poboación urbana criada en castelán sabe falar galego (La Voz de Galicia, 10/04/07)

O proceso de substitución lingüística do galego polo castelán nas cidades parece imparable: entre a xente máis nova das cidades (16-25 anos) o uso do galego apenas supera o 4%.

Perigo de desgaleguización das próximas xeracións (Xuventude Info, 10/04/07)

O Informe sobre o sistema educativo en Galicia 2002-2005 destaca a desproporción claramente favorable ao castelán no uso das linguas na lectoescritura, e alerta sobre o perigo de desgaleguización das novas xeracións.

Máis que paz lingüística isto parece a paz dos cemiterios (Vieiros, 10/04/07)

Quintana agarda que o informe do Consello Escolar de Galicia, no que se sinala a dramática situación da lingua no ensino, sirva para que os sectores máis reacios á normalización do galego modifiquen as súas posicións.



Imprimir

 

 

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es