Centro

O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) foi creado por acordo do Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela o 10 de febreiro de 2010.

É o primeiro dunha rede de centros de investigación cun novo modelo de organización e funcionamento, que constitúe o elemento fundamental da estratexia de I+D do proxecto CAMPUS VIDA (Campus de Excelencia Internacional, MEC-MICINN, 2009).

 

Modelo CiQUS

Química na fronteira entre a Bioloxía e a Ciencia de Materiais

 

MISIÓN

  • Promover o avance da ciencia na fronteira do coñecemento nos campos da química sintética, a química biolóxica e os materiais funcionais
  • Formar novos científicos, profesionais e futuros líderes
  • Crear progreso socio-económico e transferencia tecnolóxica
  • Contribuir a incrementar o prestixio internacional da USC e de Galicia

VISIÓN

  • Ser un centro de excelencia de referencia internacional en investigación química interdisciplinar na fronteira coa bioloxía e a ciencia de materiais

 

Valores estratéxicos

 

INVESTIGACIÓN

  • Ciencia de vangarda
  • Multidisciplinaridade
  • Proxectos intra e inter-colaborativos
  • Investigación e innovación responsable
  • Difusión e divulgación á sociedade

CAPTACIÓN DE TALENTO E FORMACIÓN

  • Os mellores investigadores e os mellores estudantes
  • Contorna científica estimulante
  • Procesos competitivos de contratación e selección
  • Balance de xénero
  • Formación excelente

ORGANIZACIÓN

  • Modelo auto-esixente
  • Xestión profesional da I+D
  • Apoio ós investigadores
  • Recursos e infraestruturas compartidos

 

 

O Noso Centro

 

O CiQUS conta co recoñecemento CIGUS da Xunta de Galicia, que acredita a calidade e impacto da súa investigación.