Novas
Convértese no primeiro académico de número da Universidade de Santiago que entra na RAC.
O equipo, coordinado por José Luis Mascareñas, centrarase no desenvolvemento preclínico dun prometedor composto químico para facer fronte ás células nai do cancro. dotado con 2,5 millóns de euros, o proxecto MEDiCS foi seleccionado na última convocatoria EIC Transition.
O relevo na dirección do CiQUS marca o inicio dunha nova etapa para o centro, xa consolidado como referente na investigación en Química.
O equipo de investigadores aplica unha metodoloxía desenvolvida no CiQUS para probar a inmunización fronte ao virus hemorráxico.
O investigador do CiQUS Javier Montenegro coordina a XIX Iberian Peptide Meeting, un punto de encontro entre investigadores de España e Portugal para coñecer os últimos avances no campo.
O centro obtén tres novos proxectos na última convocatoria Marie Sklodowska-Curie Postdoctoral Fellowships, liderados por investigadores posdoutorais procedentes de Portugal e India.