Instalacións e medios técnicos

O edificio que alberga o CiQUS, cunha superficie aproximada de 5.900 m2, conta con 22 laboratorios de investigación, dotados do mobiliario e dos servizos axeitados ás necesidades das diferentes áreas científicas do centro. Ademais, conta con 35 despachos e 4 oficinas comúns, 2 salas de reunións e un salón de actos, e outros espazos de servizo xeral (sala de lactación, comedor, conserxería, almacéns, etc.).

Ao redor de 1.000 m2 están dedicados a instalacións de apoio instrumental. Trátase de espazos dotados de todos os servizos e sistemas de seguridade necesarios para o óptimo uso do equipamento, situados principalmente no soto do centro:

- Laboratorios Singulares. Espazos que albergan a instrumentación científica máis punteira do centro, entre os que se atopan: un Laboratorio de Microscopía Avanzada, equipado cun microscopio hiperespectral (HSI), un microscopio confocal spinning disk e un microscopio de epifluorescencia; un Laboratorio AFM, equipado cun microscopio de forza atómica, un Laboratorio PLD, equipado cun sistema de ablación láser e posterior deposición de vapor; un Laboratorio de Litografía, equipado con diferentes sistemas de obtención e manipulación de films; e dous Laboratorios de Innovación para o Desenvolvemento de Tecnoloxías, actualmente dedicados ao desenvolvemento de sistemas de medida de conductividade térmica e ao desenvolvemento de novos tipos de baterías.

- Laboratorios de Apoio Instrumental. Catro laboratorios de uso común con acceso ao equipamento científico-técnico en réxime multiusuario. Equipados con instrumentación para a realización de técnicas cromatográficas (HPLC, GC, SFC, LCMS, GCMS, GPC); espectroscópicas (espectrofotometría, fluorescencia, CD, IR), análise de tamaño de partículas (DLS, MADLS), calorimétricas (DSC, TGA, ITC), e outros equipos (sintetizador automático de péptidos, caixas de luvas de atmosfera inerte, ultracentrífuga, liofilizadores, etc.).

- Outras instalacións. Espazos destinados especificamente a unha ou varias técnicas relacionadas cun mesmo procedemento experimental, entre os que se atopan: unha Sala de RMN, que forma parte da Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación (RIAIDT) da USC e está equipada con 3 espectrómetros (2  300 MHz, 1  500 MHz), dous deles dotados de robot automuestreador; tres Salas de Cultivo Celular, equipadas con cabinas de seguridade biolóxica (nivel II), incubadores e outro pequeno equipamento (autoclaves, aspiradores, esterilizadores, etc.); un Laboratorio de Reaccións Especiais dotado de sistemas de seguridade excepcionais, equipado cun sistema reactor de alta presión; unha Instalación Radiactiva que conta cun contador de escintilación, contador Geiger, ultracentrífuga e ultraconxeladores; unha Sala de Electrofisioloxía equipada cun sistema patch clamp; e dúas Cámaras Frías cunha superficie total de máis de 20 m2.

Para consultar o listado completo de equipos, ver arquivo enlazado.

A través da sección "visita virtual" da nosa web é posible acceder a espazos como o Laboratorio de Microscopía Avanzada, os Laboratorios de Apoio Instrumental, os Laboratorios de Investigación e outros laboratorios do CiQUS.

Ademais destas instalacións, os investigadores do CiQUS teñen acceso aos servizos xerais de apoio á investigación da Área de Infraestruturas de Investigación da USC, tales como RMN de campo alto, espectrometría de masas de alta resolución (HRMS), microscopía confocal de super-resolución, microscopía electrónica (TEM e SEM), difracción de raios-X, susceptibilidade magnética, etc. (para máis información, ver https://www.usc.gal/gl/investigacion/riaidt/). A maioría destes servizos atópanse no edificio CACTUS, a uns 200 metros do CiQUS.