Localización e contacto

Dirección

Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS)
C/ Jenaro de la Fuente s/n (esquina Avda. Mestre Mateo)
Campus Vida
Universidade de Santiago de Compostela
15782 Santiago de Compostela
España

Correo electrónico: ciqus [at] usc.es

Teléfono: +34 881 815 700

Fax:        +34 881 815 704

Localización

Coordenadas: 42.873018,-8.557266
 

Como chegar

En avión

O aeroporto máis próximo é o Aeroporto de Lavacolla, en Santiago de Compostela, e sitúase a aproximadamente 16 km do CiQUS. Para chegar ao centro de Santiago de Compostela, pódese tomar o Aerobús da Empresa Freire até a Rúa do Doutor Teixeiro, que está a 1,3km do CiQUS. Dende alí, pódese chegarandando (aproximadamente 15 minutos) ou en taxi.

En tren

estación de tren de Santiago de Compostela sitúase a 1,2 km do CiQUS na Rúa do Hórreo. Dende alí, pódese chegar andando (aproximadamente 20 minutos) ou en taxi.

En transporte urbano

Nas proximidades do CiQUS hai dúas paradas de autobús nas que paran autobuses urbanos da empresa Tussa.

En coche

Dende a autopista AP-9, tomar a saída 75 (sentido Coruñasentido Pontevedra) cara Santiago Sur (Ver indicacións completas).