Coñécense moitos produtos con estruturas cíclicas e policarbocíclicas que presentan actividades biolóxicas moi interesantes pero que son moi difíciles de preparar usando as metodoloxías sintéticas clásicas. Neste contexto, a catálisis metálica ofrece enormes posibilidades xa que permite desenvolver e inventar novas transformacións químicas que facilitan a transformación de sustancias simples e moi accesibles noutros produtos cíclicos máis complexos e moi relevantes desde o punto de vista sintético e biolóxico.
O obxectivo xeral deste traballo consiste en aproveitar as propiedades de coordinación e activación dos metais para inventar reaccións de cicloadición catalíticas que permitan construír os esqueletos cíclicos centrais destes compostos de forma rápida e práctica.
Específicamente, partindo de sustancias de partida moi sinxelas, neste traballo de tese desenvolvéronse novos procesos promovidos por catalizadores de ouro para obter de xeito rápido e eficiente importantes estruturas cíclicas que constitúen o núcleo estructural clave dun gran número de moléculas con propiedades biolóxicas relevantes.
Entre os métodos desenvolvidos, os investigadores destacan principalmente aqueles que permiten a síntese selectiva e eficiente de sistemas ciclobutánicos densamente funcionalizados, moi relevantes desde o punto de vista sintético
Máis información: http://www.usc.es/ciqus/en/groups/metal-bio-catalysis