A química supramolecular céntrase no estudo da formación de complexos host:guest e en procesos de autoensamblaje molecular. Como receptores moleculares utilizamos diversas moléculas macrociclicas: cucurbit[n]urilos, calix[n]arenos catiónicos anfifílicos e ciclodextrinas. Todas elas capaces de formar complexos de inclusión con determinados tipos de moléculas hóspede.
O obxectivo xeral deste traballo céntrase no estudo cuantitativo dos procesos de recoñecemento. Analízase a influencia da molécula anfitriona e hóspede de tal modo que pequenos cambios nas condicións experimentais (concentracións, salinidad, pH, etc.) así como na xeometría dos hóspedes altera a estequiometria e xeometría dos complexos formados. O proceso de recoñecemento ten lugar debido ao establecemento de novas interaccións intermoleculares non existentes no medio acuoso. Estas novas interaccións tamén poden provocar cambios nas propiedades físicas das moléculas encapsuladas de modo que se modifique a súa reactividad e mecanismos de reacción.
Máis información: http://www.usc.es/ciqus/es/grupos/reactivity-and-catalysis