Un esforzo colectivo entre o CiQUS e o CGAC facilitou información moi valiosa sobre o avellentamento e a durabilidade das esculturas de arte contemporánea construídas a base de plásticos, a partir dunha obra do escultor Francisco Leiro realizada parcialmente con resina epoxi.
As obras de arte realizadas con plásticos (máis concretamente, con polímeros sintéticos) representan unha parte moi importante das coleccións de arte contemporánea e moderna en todo o mundo. Durante moito tempo creuse que este tipo de obras eran moi estables, pero numerosas investigacións recentes teñen amosado unha realidade completamente distinta, confirmando o seu avellentamento prematuro. Tanto é así, que en coleccións como as que se conservan en museos de arte moderna como o CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea), algunhas obras empezaron o proceso de degradación moito antes do previsto, chegando case a desintegrarse.
A prevención, o mellor tratamento
A revista científica «Polymer Degradation and Stability», nun número especial dedicado á utilización de materiais poliméricos no ámbito artístico, e o libro «Science, Technology and Cultural Heritage», centrado na protección do Patrimonio, recollen os resultados dun traballo realizado integramente no CiQUS, que tratou de identificar de antemán aquelas obras con maior risco de avellentamento precoz co obxectivo de previr a súa degradación prematura.
Tomando como modelo a escultura Nemeas Lion, de Francisco Leiro, os científicos abordaron o traballo de prevención identificando en primeiro lugar o material plástico utilizado polo artista: a resina epoxi. Posteriormente, o estudo das propiedades químicas desta resina industrial -de uso frecuente na reparación de embarcacións- permitiu predicir a súa degradación e, consecuentemente, a durabilidade da obra no seu conxunto. Como resultado destas análises, os investigadores demostraron que un dos principais defectos que presenta o material é o seu rápido amarelamento, algo que se puido constatar tanto durante o estudo do material usado por Leiro como, en menor medida, noutras obras da colección do CGAC.
O obxectivo último do traballo foi o de facilitar a conservación preventiva mediante o apoio ó labor de preservación e restauración da colección do museo. No caso específico da obra de Leiro, o asesoramento científico consistiu en suxerir que se limitase a exposición da escultura a factores ambientais de risco que acelerarían o seu envellecemento e cambio de cor, como son a súa exhibición no exterior ou en interiores sen aire acondicionado; asemade, recomendouse tamén que a obra fose almacenada en condicións moi estables, con pouca humidade, e temperaturas próximas aos 0°C.
As conclusións deste traballo, no que participaron os investigadores do CiQUS Yolanda Rodriguez-Mella e Marina Nieto-Suarez, coa colaboración de Thaïs López-Morán (responsable do Departamento de Restauración e Conservación do CGAC) baixo a dirección do investigador principal do grupo de polímeros do CiQUS Massimo Lazzari, non só teñen valor científico e artístico, senón tamén económico e social, xa que preservar o estado óptimo das obras supón tamén salvagardar o investimento económico que supón a súa adquisición, financiada en moitos casos con fondos públicos (como sucede no caso de Nemeas Lion, cuxos dereitos ostenta a Xunta de Galicia).museo. En el caso específico de la obra de Leiro, el asesoramiento científico consistió en sugerir que se limitara la exposición de la escultura a factores ambientales de riesgo que acelerarían su envejecimiento y cambio de color, como son su exhibición en el exterior o en interiores sin aire acondicionado; asimismo, se recomendó también que la obra fuese almacenada en condiciones muy estables, con poca humedad, y temperaturas cercanas a los 0°C.
Las conclusiones de este estudio, en el que han participado los investigadores del CiQUS Yolanda Rodriguez-Mella y Marina Nieto-Suarez, con la colaboración de Thaïs López-Morán (responsable del Departamento de Restauración y Conservación del CGAC) bajo la dirección del investigador principal del grupo de polímeros del CiQUS Massimo Lazzari, no sólo tienen valor científico y artístico, sino también económico y social, ya que preservar el estado óptimo de las obras supone también salvaguardar la inversión económica que supone su adquisición, financiada en muchos casos con fondos públicos (como sucede en el caso de Nemeas Lion, cuyos derechos ostenta la Xunta de Galicia).