La Voz de Galicia publica unha reportaxe sobre a investigación de excelencia desenvolvida por científificos galegos, na que inclúe unha entrevista ós investigadores ERC do CiQUS José Luis Mascareñas e Francisco Rivadulla.
O diario La Voz de Galicia publicou o pasado domingo unha reportaxe sobre a investigación de alto nivel que comeza a asentarse na Comunidade, cuxos máximos expoñentes lograron as prestixiosas e esixentes axudas do Consello Europeo de Investigación ERC nalgunha das súas tres modalidades (Starting, Consolidator ou Advanced Grant).
Ata o de agora, só nove científicos galegos obtiveron este distintivo de calidade da ciencia en Europa (6 na USC, 2 en UVigo e 1 na UdC), que recoñece de xeito obxectivo tanto aos investigadores máis competitivos coma aos proxectos máis innovadores.