A excelencia do CiQUS viaxa ata o país do sol nacente

04/03/2016

Félix Freire, investigador Ramón y Cajal do CiQUS no grupo Riguera - Quiñoá – F. Megía, ofrecerá unha serie de relatorios sobre o seu traballo con polímeros helicoidais en distintos encontros organizados no Xapón ao longo da próxima semana.


 

“Taming the helix” («Controlando a helice»), será a primeira das tres conferencias ofrecidas polo investigador Ramón y Cajal do CiQUS Félix Freire ao longo da próxima semana no Xapón, un relatorio que terá lugar na Universidade de Nagoia e ao que acudirá convidado polo grupo do Profesor Eiji Yashima.

Ademais, o venres 11 será un dos cinco poñentes internacionais do encontro ‘Chozen Project’ un minisimposium internacional celebrado na Universidade de Kanazawa no que participará proposto polo Profesor Katsuhiro Maeda.

A súa estancia no Xapón concluirá o día 12 logo de ofrecer unha conferencia no Tokyo Institute of Technology, en resposta ao convite do Profesor Toshikazu Takata.