Dous investigadores doutorados no CIQUS participan no prestixioso Encuentro Lindau con premios Nobel
Os medios de comunicación fanse eco do Encuentro Lindau con Premios Nobel, que comenzou o pasado domingo, e no cal Alejandro Criado, recientemente doutorado no CIQUS, forma parte dos 10 investigadores novos máis brillantes seleccionados para representar a España este ano. Alejandro é na actualidade investigador postdoctoral na Universidad de Trieste.
Dase a circunstancia de que Olalla Vázquez, tamén doutorada no CIQUS (2010) e actualmente con unha Beca Marie Curie na Universidad de Humboldt de Berlín, foi seleccionada pola súa universidade.
O encontro na cidade alemana congrega este ano a máis de 600 novos científicos de 78 países, seleccionados entre más de 20.000 a nivel mundial, xunto con 35 investigadores gañadores do premio Nobel. A selección dos participantes que representan a España foi coordinada polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).
http://www.abc.es/ciencia/20130701/abci-cientificos-jovenes-brillantes-reunen-201307011129.html