O CiQUS na Radio Galega: Xornadas de aproximación á ciencia

02/05/2013

O programa Efervesciencia da Radio Galega (www.crtvg.es/rg/programas/efervescencia), realizou unha reportaxe sobre as Xornadas de aproximación á ciencia organizadas polo CiQUS o pasado mes de abril, as cales tiveron unha extraordinaria acollida.

Por unha banda, durante Xornadas de aproximación á ciencia, uns 300 alumnos do segundo de curso de bacharel, procedentes de institutos de toda Galicia, realizaron varios experimentos nos modernos laboratorios do CiQUS e tiveron ademais a oportunidade de coñecer as liñas de investigación do centro.

E como colofón, organizáronse as Xornadas de Divulgación Científica (portas abertas) dirixidas ao público en xeral, e con experimentos e actividades para os máis pequenos, recibiron máis de 350 persoas en dous días.

 

Oir a entrevista na radio:
http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/05/repor-ciqus-def.mp3

Ver fotos das Xornadas de Portas Abertas
www.facebook.com/media/set/?set=a.355197367918329.1073741832.279536315484435&type=3