Un mozo investigador do CIQUS dará unha presentación oral en ImagineNano 2013

18/04/2013

O investigador do CIQUS Manuel Gómez (equipo de Massimo Lazzari) foi seleccionado para unha  presentación oral no SPM 2013 (Scanning Probe Microscopy International Conference), unha das conferencias científicas incluídas en ImagineNano 2013, Bilbao, o próximo xoves 25 de abril.

A súa presentación titulada "//www.phantomsnet.net/imaginenano/Abstracts2013/PPM2013_G%C3%B3mez_Manuel_x.gomez [at] usc.es_Abstract%20PPM%202013.pdf">New SERS substrates made of polymers and Al, cheap and highly efficient", mostrará unha metodoloxía barata e fiable para a replicación de substratos con características sub-100 nanómetros. Este doado método de fabricación permite unha produción rápida e de baixo custo dos substratos SERS poliméricos, e dun modo altamente repetible. Ademais, tamén explicará os resultados obtidos probando os devanditos substratos SERS "caseiros".

ImagineNano 2013 é o maior evento europeo en Nanociencia e Nanotecnoloxía, dende o 23 ata o 26 de abril de 2013.
 

//www.phantomsnet.net/imaginenano/Abstracts2013/PPM2013_G%C3%B3mez_Manuel_x.gomez [at] usc.es_Abstract%20PPM%202013.pdf">Descargar o abstract.

 

Imáxenes da réplica polimérica (copia do máster) do sustrato SERS