O próximo 29 e 30 de Outubro, o Catedrático en Química Biolóxica da Universidad de Cambridge, o Prof. Chris Abell, visitará o CIQUS. Durante a súa estancia na nosa Universidade impartirá dúas conferencias.
A primeira delas, o luns 29 de Outubro as 12h no Salón de Actos do CIQUS, tratará sobre unha nova estratexia no descubrimento de fármacos que está a causar un gran impacto na industria farmacéutica, titulase “Estratexias en química biolóxica e o descubrimento de fármacos baseados en fragmentos”.
Na súa segunda conferencia no CIQUS, martes 30 as 10h, “The reluctant entrepreneur - spinning out of Chemistry”, relatará a súa ampla e exitosa experiencia na creación de empresas.
O Prof. Abell é recoñecido mundialmente pola utilización dunha nova estratexia no deseño de fármacos, na que a partir de pequenas unidades de gran afinidade descubertas por screening, se modifican adecuada y racionalmente hasta lograr su máxima eficacia. Súas investigacións céntranse fundamentalmente no desenrolo de novos fármacos para o tratamento da tuberculose y doutros baseados nas interaccións entre proteínas.
Esta estratexia está sendo utilizada pola empresa Astex Therapeutics, unha das empresas spin-off de maior éxito de Cambridge (Reino Unido) da que é co-fundador (1999). Astex conta cun orzamento de máis de 60 millóns de libras e contratos con empresas farmacéuticas por encima de 645 millóns de libras. Dende 2011, Astex cotiza no NASDAQ e dispón xa de 7 compostos en fase clínica.
O Profesor Abell é tamén pioneiro no desenrolo dunha nova plataforma para a ciencia experimental, as microgotas, que a empresa spin-out, tamén con base en Cambridge e da cal é co-fundador, Sphere Fluidics, explota comercialmente dende 2010. Esta técnica permite estudar o mecanismo de resistencia das células cancerosas ó tratamento con quimioterapia, a xeneración de novos enzimas ou a identificación de cepas microbianas novedosas, entre outras aplicacións.
O Prof. Abell é tamén director fundador de Cambridge Enterprise, empresa subsidiaria da Universidad de Cambridge e creada en 2006 para xestionar a comercialización dos descubrimentos científicos da Universidad de Cambridge. Esta empresa ofrece servizos de transferencia de tecnoloxía, de consultoría e capital pre-semente e as inversións iniciais aos membros da Universidad de Cambridge e o Instituto Babraham para axudar a comercializar a investigación innovadora a través da creación de novas empresas..
Ver nota de prensa.
Información proporcionada por:
Concepción González-Bello
Profra. Química Orgánica, CIQUS
concepcion.gonzalez.bello [at] usc.es