26/04/2012
O Prof. Ei-ichi Negishi (Purdue University, Premio Nobel de Química 2010), de visita en Santiago de Compostela como invitado do Programa ConCiencia, participou no CIQUS nunha reunión con grupos de investigación que traballan no eido das aplicacións sintéticas da catálise organometálica. Durante a visita, os estudantes de doutoramento Isaac Alonso, Julián Bergueiro, Fermín Cambeiro, Alejandro Criado e Jorge Otero presentaron os seus traballos máis recentes neste campo de investigación.
Ver noticia no Xornal Electrónico da USC
Ver vídeo en V Televisión