Nova metodoloxía sintética para a obtención de cicloalcohois baseada en reaccións "tándem" catalizadas por paladio

19/04/2022

Os resultados desta investigación recóllense nunha publicación "Hot Paper" na revista Angewandte Chemie International Edition

Investigadores do CiQUS desenvolveron unha nova metodoloxía catalítica baseada en complexos de paladio, a través da cal é posible levar a cabo procesos tándem de cicloisomerización/acoplamento cruzado sobre un tipo especial de alquilidenociclopropanos, que conducen á obtención de diferentes cicloalcohois.

O estudo liderado polos IPs do CiQUS, Fernando López e José Luis Mascareñas, demostra a influencia crucial que teñen os ligandos unidos ao centro metálico no control da evolución dos intermedios de ciclopaladio nestes procesos catalíticos. Esta nova metodoloxía sintética presenta un enorme potencial para a preparación de alcohois cíclicos e aminas de forma rápida e eficiente.

 

Referencia

Felipe Verdugo, Ricardo Rodiño, Martín Calvelo, José Luis Mascareñas and Fernando López; Palladium-Catalyzed Tandem Cycloisomerization/Cross-Coupling of Carbonyl-and Imine-Tethered Alkylidenecyclopropanes, Angewandte Chemie Int. Ed. Wiley. 2022. https://doi.org/10.1002/anie.202202295