O CIQUS OFERTA OITO CONTRATOS A TEMPO PARCIAL PARA OS SEUS ALUMNOS DE MÁSTER

29/01/2015
 

O Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) oferta oito contratos a tempo parcial para o desenvolvemento de tarefas de iniciación a investigación en liñas de traballo cooperativas ou de interese estratéxico para o CIQUS.

Como en anos anteriores, a oferta está específicamente dirixida e limitada a alumnos de máster que estén a desenvolver o seu traballo fin de máster baixo a dirección dun profesor ou profesora adscrito/a ao CIQUS.

A data límite para presentar a documentación é as 14h do martes 10 de febreiro de 2015.

Descargar pdf da oferta.