URXENTE: Oferta Contrato Técnico Informático (Ref. 2019-PG063, Convocatoria Pública 3/2020)

11/03/2020

 

O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) ofrece un contrato de Axudante de Apoio á Investigación para o soporte e mantemento dos sistemas informáticos asociados ao equipamento científico-técnico.
 

Tarefas a realizar: 

Asistencia técnica para a instalación e configuración dos equipos informáticos, mantemento deses equipos (actualizacións de software e hardware), a realización periódica de back-up e a súa migración a máquinas virtuais para sistemas operativos obsoletos. Ademais, tamén incluirá a administración de servidores e o soporte e asesoramento informático aos investigadores do centro.

 

Condicións do contrato: 12 meses de contrato a tempo completo (prorrogable). Salario bruto mensual de 1400 € (14 pagas).

 

Méritos para valorar

  • Ciclo Formativo de Grao Superior en Informática

  • Experiencia profesional previa na instalación, mantemento e administración de servicios informáticos.

  • Formación complementaria e experiencia na creación e xestión de máquinas virtuais.

  • Formación complementar e experiencia na administración de servidores. Coñecementos en cabinas de datos QNAP NAS.

  • Entrevista persoal.

 

Solicitudes

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos, a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Universidade de Santiago de Compostela (enlace).

 

Máis información nas bases reguladoras o enviando un correo-e a ciqus.jobs [at] usc.es (subject: oferta%20contrato%20inform%C3%A1tico%202020) indicando no asunto "oferta contrato informático 2020".