Lembras ós nosos CiQUS Makers? Agora, podes converterte nun deles: a Facultade de Química abriu o prazo de solictude 2015-2016 para a realización dos Traballos de Fin de Grao (TFG), un traballo de iniciación á investigación de carácter individual onde os estudantes deberán integrar as destrezas e os coñecementos adquiridos ó longo do seu itinerario formativo.
Entre a oferta de proxectos para este curso académico inclúense máis de 30 propostas presentadas por profesores adscritos ao CiQUS, no contexto das principáis liñas de investigación do centro. Atoparás proxectos do CiQUS na ofertas dos seguintes departamentos:
- Química Orgánica.
- Química Física.
- Química Inorgánica.
- Bioquímica e Bioloxía Molecular.
Se queres desenvolver o teu TFG no marco dun ecosistema investigador en permanente evolución, á vangarda dos últimos achados científicos, o CiQUS ofréceche distintas posibilidades para que inicies o teu primeiro contacto coa investigación no noso centro.
Consulta a lista completa de proxectos ofertados e decide cal é o máis axeitado para ti. Podes atopar información complementaria sobre os grupos e liñas de investigación do CiQUS no enderezo http://www.usc.es/ciqus/es/investigacion/grupos-de-investigacion.
Sé parte da excelencia, convértete nun CiQUS Maker!