CiQUS SUMMER FELLOWSHIPS, JUNE - JULY 2017

06/03/2017

Disfruta da túa primeira experiencia de investigación durante 5 semanas 

¿Es un estudante de Grao apaixonado pola Química? Convidámoste a unha estancia remunerada de catro a cinco semanas no CiQUS colaborando cun dos nosos Grupos de Investigación.


 

Na súa terceira convocatoria, o programa CiQUS SUMMER FELLOWSHIPS ofrece 15 bolsas a estudantes de grao con experiencia en Química ou estudos relacionados, ofrecéndolles a oportunidade de realizar prácticas formativas de iniciación á investigación da man de equipos científicos de excelencia e nunhas instalacións de primeiro nivel. Os estudantes seleccionados recibirán 700 €/mes e gastos de viaxe.

Durante 4-6 semanas, aprenderán a utilizar modernos equipos e instrumentación sofisticada, traballando e vivindo nun ambiente estimulante de investigación na vangarda da química. Tamén poderán participar nas actividades científicas do CiQUS, que inclúen seminarios internos e o Programa de Conferencias impartido por investigadores internacionais.

Tamén coñecerás directamente a oferta formativa predoutoral do CiQUS, que inclue algúns dos mellores programas de Máster en España según o ranking anual do periódico El Mundo, así como as axudas dispoñibles para ditas etapas.

Podes ver participantes de anteriores edicións e algunhas actividades nestes enlaces: 2015 e 2016.

REQUISITOS

Os candidatos deben estar matriculados en un dos últimos anos dos seus estudos de grao e ter superado 140 créditos, cunha nota media igual ou superior a 8,0 puntos sobre 10.

SOLICITUDES

Descarga e revisa a convocatoria no seguinte enlace: CiQUS - Summer Fellowships 2017. Cumprimenta o  formulario en liña e envíanos por correo electrónico a ciqus [at] usc.es a documentación solicitada, sinalando no asunto da mensaxe "SUMMER17".

Data límite de solicitude:  Xoves 20 de Abril, 23:59 (CEST).

 

 

COÑECE OS NOSOS NOVOS INVESTIGADORES

Neste vídeo presentamos a varios dos nosos novos investigadores. Son estudantes de Doutorado, Máster e Grao, así como investigadores Posdoutorais, que veñen de todo o mundo.

Eles explícannos por qué elixiron o CiQUS. Escoita as súas explicacións e coñece a súa experiencia investigando connosco.

Know the CiQUS MAKERS !

 
Segue as nosas novas nas redes sociais