Disfruta da túa primeira experiencia de investigación en Química
Es un estudante de Grao apaixonado pola Química? Convidámoste a unha estancia remunerada de catro a cinco semanas no CiQUS, colaborando cun dos nosos Grupos de Investigación.
Na súa cuarta edición, o programa CiQUS SUMMER FELLOWSHIPS ofrece 15 bolsas a estudantes de grao con experiencia en Química ou estudos relacionados, presentándolles a oportunidade de realizar prácticas formativas de iniciación á investigación da man de equipos científicos de excelencia nunhas instalacións de primeiro nivel. Os estudantes seleccionados recibirán 750 € polo periodo de 5 semanas (ou o importe proporcional ao periodo da súa estancia no CiQUS) e gastos de viaxe.
Durante 4-5 semanas, aprenderán a utilizar modernos equipos e instrumentación sofisticada, traballando e vivindo nun ambiente estimulante de investigación na vangarda da química. Tamén poderán participar nas actividades científicas do CiQUS, entre as que se inclúen seminarios internos e o Programa de Conferencias impartido por investigadores internacionais de prestixio.
Asemade, terán a oportunidade de coñecer de primeira man a oferta formativa predoutoral do CiQUS, na que cómpre salientar algúns dos mellores programas de Máster en España (atendendo ao ranking anual do periódico El Mundo), e as axudas dispostas polo centro para dar cobertura a estas etapas.
Pódese consultar máis información sobre edicións anteriores e algunhas das sús actividades nas seguintes ligazóns: 2015, 2016 e 2017.
REQUISITOS
Os candidatos deben estar matriculados nun dos últimos anos dos seus estudos de grao e ter superado 140 créditos, cunha nota media igual ou superior a 8,0 puntos sobre 10.
SOLICITUDES
Descarga e revisa a convocatoria no seguinte enlace: CiQUS - Summer Fellowships 2018. Para participar no proces debes cumprimentar o formulario de solicitude online e enviarnos a documentación solicitada no botón "APPLY HERE".
Se tes calquera consulta podes escribir a ciqus.jobs [at] usc.es, indicando no asunto da mensaxe “SUMMER2018”. Data límite de solicitude: Luns 30 de abril de 2018, 23:59 (CEST).
COÑECE OS NOSOS NOVOS INVESTIGADORES
En este vídeo te presentamos a varios de nuestros jóvenes investigadores. Son estudiantes de Grado, Máster y Doctorado, así como investigadores Postdoctorales, que proceden de todo el mundo.
Ellos nos explican por qué han escogido el CiQUS y qué les ha aportado. Escucha sus explicaciones y conoce su experiencia investigando con nosotros. Todo juntos construímos el C¡QUS día a día.
Know the CiQUS MAKERS!
Segue as nosas novas nas redes sociais:
Cumprimenta o formulario de solicitude online e envíanos a documentación solicitada no botón "APPLY HERE"
|