CiQUS Bolsas de Verán 2019

01/04/2019

Disfruta da túa primeira experiencia de investigación en Química 

Es un estudante de Grao e apasionache a Química? Ofrecemos 15 estadías remuneradas de ata 1 mes de duración para o desenvolvemento dun proxecto de iniciación á investigación nun dos laboratorios do CiQUS

 

O CiQUS convoca a súa quinta edición do seu programa de bolsas de verán "CiQUS Summer Fellowships", ofrecendo 15 bolsas dirixidas a estudantes de grao con experiencia en química ou estudos relacionados, que terán a posibilidade de realizar prácticas formativas de iniciación á investigación da man de equipos científicos de excelencia e nunhas instalacións de primeiro nivel, durante o próximo mes de xullo.

Durante 1 mes,  os estudantes beneficiarios das bolsas de verán do CiQUS aprenderán no noso centro cómo utilizar modernos equipos e instrumentación sofisticada, traballando e vivindo nun ambiente estimulante de investigación na vanguarda da química. Tamén terán a oportunidade de participar nas actividades científicas do CiQUS, incluíndo os seminarios internos e o Programa de Conferencias impartido por investigadores/as internacionais.

As bolsas terán unha cuantía de 750 € brutos máis unha axuda para os/as estudantes non residentes en Santiago de Compostela destinada á financiación dos custos de locomoción, cun  importe máximo de 200 € para estudantes de fora de Galicia e ata 80 € para estudantes residentes noutros concellos de Galicia. 

REQUISITOS 

Os/as candidatos/as terán superado o 55% dos créditos dos seus estudos de grao en Química ou titulacións relacionadas (bioloxía, bioquímica, farmacia, física, etc), cunha nota media igual ou superior a 8,0. 

SOLICITUDES 

Os estudantes interesados remitirán a documentación requerida a través da Sede Electrónica da Universidade de Santiago de Compostela, usando o formulario de solicitude dispoñible no seguinte enderezo [https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/InvestigacionBolsasVeran.htm] dirixido ao Servizo de Convocatorias e Recursos Humans de I+D, antes do martes 30 de abril ás 23:59 h (CEST).

Xunto co formulario de solicitude terá que anexarse a seguinte documentación: 

* Copia da certificación académica do grao ou título equivalente no que consten as calificacións obtidas e coa expresión da nota media en base 10. No suposto de ter realizados estudos no estranxeiro nun idioma diferente ao inglés, a certificación presentarase coa tradución oficial ao español, galego ou inglés. 

* Copia do xustificante de matrícula correspondente ao curso 2018/2019 ou documento acreditativo expedido pola universidade correspondente. 

* Currículum vitae da persoa solicitante. 

* Carta de motivación coa expresión do interése na obtención da bolsa. 

 

Data límite: martes 30 de abril de 2019.

 

AVALIACIÓN e SELECCIÓN

A avaliación e selección das solicitudes farase dacordo cos seguintes criterios, sobre unha puntuación máxima de 10 puntos: 

* Expediente académico da persoa solicitante, que suporá o 70% da valoración obtida. 

* Currículum vitae presentando, no que se terá en conta as publicacións, premios e a formación relacionada co obxecto das bolsas, entre outros aspectos. Este apartado suporá o 20% da valoración obtida. 

* Expresión de interése das persoas aspirantes formulada na carta de presentación, que suporá o 10% da valoración obtida. 

 

Máis información nas bases reguladoras o enviando un correo a ciqus.jobs [at] usc.es (subject: SUMMER%20FELLOWSHIPS%202019)  indicando no asunto [SUMMER FELLOWSHIPS 2019]

 

Programa Co-financiado por:      

         

 

 

 

COÑECE OS NOSOS MOZOS/AS INVESTIGADORES

Neste vídeo presentámosche ao noso persoal investigador máis novo. Son estudantes de Grao, Máster e Doutoramento, así como investigadores Postdoutorais, procedentes de todo o mundo.

Eles e elas explícannos por qué escolleron o CiQUS e qué lles aportou. Escoita as súas explicacións e coñece a súa experiencia investigando connosco. Xuntos construímos o CiQUS día a día.

Become a CiQUS MAKER!

 

Podes seguir a nosa información nas redes sociais: