CiQUS Bolsas de Verán 2023

01/06/2023

Disfruta da túa primeira experiencia en investigación

Es un estudante de Grao e apasionache a Química ou outra ciencia relacionada? Ofrecemos 15 estadías remuneradas de ata 1 mes de duración para o desenvolvemento dun proxecto de iniciación á investigación nun dos laboratorios do CiQUS

O CiQUS convoca a oitava edición do seu programa de bolsas de verán "CiQUS Summer Fellowships", ofrecendo 15 bolsas dirixidas a estudantes de grao con experiencia en química ou estudos relacionados, que terán a posibilidade de realizar prácticas formativas de iniciación á investigación da man de equipos científicos de excelencia e nunhas instalacións de primeiro nivel, durante o próximo mes de xullo.

Durante 1 mes, do 3 ao 28 de xullo, os estudantes beneficiarios das bolsas de verán do CiQUS aprenderán no noso centro cómo utilizar modernos equipos e instrumentación sofisticada, traballando e vivindo nun ambiente estimulante de investigación na vanguarda da química. Tamén terán a oportunidade de participar nas actividades científicas do CiQUS, incluíndo os seminarios internos e o Programa de Conferencias impartido por investigadores/as internacionais.

As bolsas terán unha cuantía de 750 € brutos máis unha axuda para os/as estudantes non residentes en Santiago de Compostela destinada á financiación dos custos de locomoción, cun  importe máximo de 250 € para estudantes de fora de Galicia e ata 80 € para estudantes residentes noutros concellos de Galicia.

 

REQUISITOS 

Os/as candidatos/as terán superado o 55% dos créditos dos seus estudos de grao en Química ou titulacións relacionadas (bioloxía, bioquímica, farmacia, física, etc), cunha nota media igual ou superior a 8,0.

SOLICITUDES 

Os estudantes interesados remitirán a documentación requerida a través da Sede Electrónica da Universidade de Santiago de Compostela, usando o formulario de solicitude dispoñible no seguinte enderezo [ https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/InvestigacionBolsasVeran.htm ] dirixido á Subárea de Convocatorias e de RRHH da Área de Xestión da Investigación, antes do día 8 de xuño de 2023 ás 23:59 h (CEST).

Xunto co formulario de solicitude terá que anexarse a seguinte documentación: 

* Copia da certificación académica do grao ou título equivalente no que consten as calificacións obtidas e coa expresión da nota media en base 10. No suposto de ter realizados estudos no estranxeiro nun idioma diferente ao inglés, a certificación presentarase coa tradución oficial ao español, galego ou inglés. 

* Copia do xustificante de matrícula correspondente ao curso 2022/2023 ou documento acreditativo expedido pola universidade correspondente. 

* Currículum vitae da persoa solicitante. 

* Carta de motivación coa expresión do interése na obtención da bolsa.

 

Data límite: dia 8 de xuño de 2023. 23:59 h.

 

AVALIACIÓN e SELECCIÓN

A avaliación e selección das solicitudes farase dacordo cos seguintes criterios, sobre unha puntuación máxima de 10 puntos: 

* Expediente académico da persoa solicitante, que suporá o 70% da valoración obtida. 

* Currículum vitae presentando, no que se terá en conta as publicacións, premios e a formación relacionada co obxecto das bolsas, entre outros aspectos. Este apartado suporá o 20% da valoración obtida. 

* Expresión de interése das persoas aspirantes formulada na carta de presentación, que suporá o 10% da valoración obtida.

 

Máis información nas bases reguladoras o enviando un correo a ciqus [at] usc.es (subject: CiQUS%20SummerFellowships%202023) , indicando no asunto "CiQUS SummerFellowships 2023"

 

Actividade financiada polo Convenio de Colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidades e a USC para o desenvolvemento de accións estratéxicas de I+D+i (2023):      

 

                       

 

 

 

CONOCE A NUESTROS JÓVENES INVESTIGADORES

En este vídeo te presentamos a varios de nuestros jóvenes investigadores. Son estudiantes de Grado, Máster y Doctorado, así como investigadores Postdoctorales, que proceden de todo el mundo.

Ellos nos explican por qué han escogido el CiQUS y qué les ha aportado. Escucha sus explicaciones y conoce su experiencia investigando con nosotros. Todo juntos construímos el CiQUS día a día.

Become a CiQUS MAKER!

 

Puedes seguir nuestra información en las redes sociales: