CiQUS Bolsas de Verán 2025

26/05/2025

Desfruta da túa primeira experiencia en investigación

Es estudante de Grao e apasionache a Química ou outra ciencia relacionada? Ofrecemos 10 estadías remuneradas de ata 1 mes de duración para o desenvolvemento dun proxecto de iniciación á investigación nun dos laboratorios do CiQUS

 

O CiQUS convoca a décima edición do seu programa de bolsas de verán "CiQUS Summer Fellowships", ofrecendo 10 bolsas dirixidas a estudantes de grao con experiencia en química ou estudos relacionados, que terán a posibilidade de realizar prácticas formativas de iniciación á investigación da man de equipos científicos de excelencia e nunhas instalacións de primeiro nivel, durante o próximo mes de xullo.

Durante 1 mes, do 1 ao 31 de xullo, os estudantes beneficiarios das bolsas de verán do CiQUS aprenderán no noso centro cómo utilizar modernos equipos e instrumentación sofisticada, traballando e vivindo nun ambiente estimulante de investigación na vanguarda da química. Tamén terán a oportunidade de participar nas actividades científicas do CiQUS, incluíndo os seminarios internos e o Programa de Conferencias impartido por investigadores/as internacionais.

As bolsas terán unha cuantía de 750 € brutos máis unha axuda para os/as estudantes non residentes en Santiago de Compostela destinada á financiación dos custos de locomoción, cun  importe máximo de 250 € para estudantes de fora de Galicia e ata 80 € para estudantes residentes noutros concellos de Galicia.

 

REQUISITOS 

Os/as candidatos/as terán superado o 55% dos créditos dos seus estudos de grao en Química ou titulacións relacionadas (bioloxía, bioquímica, farmacia, física, etc), cunha nota media igual ou superior a 8,0.

SOLICITUDES 

Os estudantes interesados remitirán a documentación requerida a través da Sede Electrónica da Universidade de Santiago de Compostela, usando o formulario de solicitude dispoñible no seguinte enderezo [https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/InvestigacionBolsasVeranCIQUS05.htm] dirixido ao Centro Singular de investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS), antes do día 3 de xuño de 2025 ás 23:59 h (CEST).

Xunto co formulario de solicitude terá que anexarse a seguinte documentación: 

* Copia da certificación académica do grao ou título equivalente no que consten as calificacións obtidas e coa expresión da nota media en base 10. No suposto de ter realizados estudos no estranxeiro nun idioma diferente ao inglés, a certificación presentarase coa tradución oficial ao español, galego ou inglés. 

* Copia do xustificante de matrícula correspondente ao curso 2024/2025 ou documento acreditativo expedido pola universidade correspondente. 

* Curriculum vitae da persoa solicitante. 

* Carta de motivación coa expresión do interése na obtención da bolsa.

 

Data límite: día 3 de xuño de 2025, 23:59 h.

 

AVALIACIÓN e SELECCIÓN

A avaliación e selección das solicitudes farase dacordo cos seguintes criterios, sobre unha puntuación máxima de 10 puntos: 

* Expediente académico da persoa solicitante, que suporá o 70% da valoración obtida. 

* Curriculum vitae presentado, no que se terán en conta as publicacións, premios e a formación relacionada co obxecto das bolsas, entre outros aspectos. Este apartado suporá o 20% da valoración obtida. 

* Expresión de interése das persoas aspirantes formulada na carta de presentación, que suporá o 10% da valoración obtida.

 

Máis información no documento da Convocatoria ou enviando un correo a ciqus.rrhh [at] usc.es (subject: CiQUS%20Summer%20Fellowships%202025) , indicando no asunto "CiQUS Summer Fellowships 2025"

 

Documentos e enlaces relacionados:

26/05/2025 · Convocatoria CiQUS bolsas de verán 2025

 

COÑECE AOS/ÁS NOSOS/AS XÓVENES INVESTIGADORES/AS

Neste vídeo presentámosche a varios/as dos/as nosos/as investigadores/as. Son estudantes de Grao, Máster e Doctorado, así como investigadores Postdoctorais, que proceden de todo o mundo.

Eles e elas explícannos por que escolleron o CiQUS e que lles ten aportado. Escoita as súas explicacións e coñece a súa experiencia investigando con nos. Todos xuntos construímos o CiQUS día a día.

Become a CiQUS MAKER!

 

Podes seguir a nosa información nas redes sociais: