André Pérez Potti

Email: 
andre.perez [at] usc.es
Grupo de investigación: 
Investigador Ramón y Cajal

Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Vigo (UVigo, 2012). Recibiu o seu máster en Bio-Nano Interaccións na University College Dublin (UCD, 2013) e proseguiu os seus estudos de doutoramento no Center for BioNano Interactions (CBNI) na mesma institución (UCD, 2017) baixo a tutela do Prof. Kenneth A. Dawson, onde se centrou en determinar mecanismos e vías de interacción entre diferentes tipos de nanopartículas inorgánicas co sistema inmune innato e adaptativo, tanto in vitro como in vivo.

Tras un período como investigador posdoutoral no mesmo grupo, en 2019 incorporouse ao Center for Infectious Medicine (CIM) no Instituto Karolinska en Suecia (KI). Alí levou a cabo estudos sobre a heteroxeneidade e a diversidade funcional de linfocitos T circulantes e residentes en tecidos en diferentes modelos de infeccións víricas crónicas e agudas, establecendo perfís moleculares asociados a diversos estados funcionais de linfocitos T. Entre eles destacan os estudos sobre a resposta celular ao SARS-CoV-2.

En 2023 incorporouse ao Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS, Universidade de Santiago de Compostela) como investigador posdoutoral. Desde 2023 é investigador Ramón y Cajal no grupo Bionanotools en CiQUS (convocatoria 2021, vinculado ao departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular) no que traballa estudando mecanismos de interacción entre nanopartículas multifuncionais e as súas capacidades de modulación de linfocitos T específicos ex vivo en función das súas características biomoleculares.

proyectos

Entidad Financiadora: Xunta de Galicia | Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Investigador principal: André Pérez Potti