Dous novos traballos en Angewandte Chemie Int. Ed. do grupo de C. Saá y J. A. Varela

13/05/2014

O grupo de investigación en Catálisis Organometálica do CIQUS, liderado polos profesores Carlos Saá y Jesús A. Varela ven de publicar na prestixiosa revista Angewandte Chemie International Edition unha nova aproximación directa e eficiente a dihidropiranos difuncionalizados, que son precursores avanzados na síntese de piranos bioactivos, utilizados na industria farmacética. A nova reacción baséase na ciclación de alquinales e alquinonas a través de carbenos catalíticos de rutenio. Este traballo foi realizado por Fermín Cambeiro, estudante de doutorado no grupo de investigación, e coa colaboración da Dr. Susana López.

O mesmo grupo de investigación tamén publicou en Angewandte Chemie International Edition unha nova ruta sintética de dihidrobifenilenos, precursores moleculares de nanoestructuras isoméricas do grafeno. Este traballo foi realizado polos investigadores postdoutorales do grupo, Silvia García e Carlos González, en colaboración coa Dr. Cristina García e o Prof. Miguel A. Esteruelas, da Universidad de Zaragoza.

 

¡Noraboa por estes dous novos éxitos!

 

Grupo de investigación: www.usc.es/ciqus/es/grupos/cat-organomet