A XXXV Edición do Congreso Bianual da Real Sociedade Española de Química celebrarase na Coruña do 19 ao 23 de xullo

30/01/2015

A Coruña acollerá a XXXV Edición del Congreso Bianual de la Real Sociedad Española de Química (RSEQ), que se celebrará do 19 ó 23 de xullo de 2015. Organizado pola UDC (Universidade da Coruña), o congreso reunirá un nutrido grupo de investigadores en torno a 16 diferentes simposios, especializados nos máis diversos eidos da Química. O obxectivo fundamental do encontro é promover un intercambio directo dos últimos avances en Química e Tecnoloxía Química, tratando de poñer en común os éxitos máis recentes da comunidade investigadora neste ámbito.

O CiQUS estará representado polo profesor José Luis Mascareñas, que formará parte do Comité Científico deste congreso. Ademais, entre os relatores invitados figuran tamén os investigadores adscritos ao centro Juan Granja e Manuel Bermejo, que se sumarán a un excepcional grupo de conferenciantes plenarios, entre os que cómpre salientar a Richard R. Schrock (Premio Nobel de Química no 2005), e Avelino Corma Canós (Premio Príncipe de Asturias no 2014).

O congreso abordará tamén o desafío clave da internacionalización das reunións bianuais da Real Sociedad Española de Química (RSEQ), contando entre os seus convidados con aproximadamente un 50% de oradores procedentes de institucións estranxeiras.