Las tesis del CiQUS: Paula Diz Martínez

08/02/2016

Síntese e aplicacións de novos sistemas catalíticos soportados sobre matrices poliméricas                                                                           


A doutoranda Paula María Diz Martínez defendeu, o pasado venres, a súa Tese Doutoral titulada “SÍNTESE E APLICACIÓNS DE NOVOS SISTEMAS CATALÍTICOS SOPORTADOS SOBRE MATRICES POLIMÉRICAS”, que estivo supervisada polos profesores do CiQUS Eddy Sotelo Pérez e Alberto Coelho Cotón, e na que aborda a importancia actual dunha química sostible e limpa así como propón solucións alternativas á síntese clásica de fármacos.

Esta Tese Doutoral enmárcase nun proxecto, que desarrolla o Grupo ComBioMed, encamiñado a explota-las vantaxes dos reactivos soportados no descubrimento preliminar de fármacos. No marco deste traballo (que deu pé a tres publicacións de alto impacto na área de catálises) desenvolvéronse novos sistemas catalíticos baseados en cobre soportados sobre diferentes matrices poliméricas demostraron a súa eficacia, reciclabilidade e potencial interese sintético en diferentes transformacións, incluidas as reaccións multicompoñente. En conxunto, estes catalizadores constitúen excelentes ferramentas durante a implementación de metodoloxías sintéticas de alto rendemento (High Throughput Synthesis).

Ademais, desenvolve un novo sistema catalítico de dimensións nanométricas consistente nunha matriz inorgánica de sílice non funcionalizada, a cal encapsula cobre por interacción directa coa matriz. O cobre é fixado ao soporte de sílice de dimensións nanométricas mediante atrapamento físico. Neste sentido, estudáronse os niveis de carga de cobre para optimiza-la cantidade efectiva de cobre atrapado na matriz. Este atrapamento limita a difusión de especies de cobre á disolución ao meismo tiempo que o estabiliza, proporcionando novos catalizadores heteroxéneos para as reaccións de Huisgen e Ullmann.