O International Congress on Science and Technology for the Conservation of Cultural Heritage, que se celebrará en Santiago do 2 ao 5 octubro, é un congreso científico dedicado á protección do Patrimonio e que contará coa participación no solo de investigadores e profesionais de áreas como a historia do arte-conservación-restauración-conservación, se non tamén procedentes da arquitectura, enxeñería química e física, o que estimulará a cooperación entre ámbitos tan heteroxéneos.
O obxectivo do congreso é crear un foro interdisciplinario para a discusión de todos os aspectos da conservación do patrimonio cultural, proporcionando ao mesmo tempo unha completa posta ao día no estado-del-arte das investigacións.
O programa inclúe 8 conferencias plenarias por parte de prestixiosos invitados internacionais (UK, Italia USA e España), 64 comunicacións orais e un amplio programa de comunicacións tipo póster. O congreso foi organizado polo grupo de investigación de Massimo Lazzari (CIQUS, USC), coa colaboración de Antonio Martínez Cortizas (Facultad de Bioloxía) e Felipe Criado Boado(CSIC-Incipit).
Lugar de celebración:
Aula Magna de la Facultad de Biología (Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. Campus Vida. 15782 Santiago de Compostela)