Profesor Paul Tavan (LMU München) participa no ciclo de conferencias "Frontiers in Science"

08/10/2012

Profesor Paul Tavan (Ludwig Maximilian Universität München) estará dous días no CIQUS, onde pronunciará a conferencia titulada "Conformational changes in BLUF domains" e manterá encontros con grupos de investigación deste Centro. Esta actividade pertence o ciclo de conferencias "Frontiers in Science", organizado pola Rede de Centros Singulares de Investigación da USC.

O 10 de outubro, o Prof Tavan presentará unha análise teórica do espectro vibracional do cromóforo flavina mediante a aplicación da Teoría do Funcional da Densidade (DFT) á flavina integrada no modelo de mecánica molecular (MM) da súa proteína e o medio disolvente.

O día seguinte, 11 de outubro, o CIQUS acollerá un seminario de Física-Química no cal o profesor Tavan e investigadores do CIQUS exporán e debatirán sobre os seus últimos traballos.

Paul Tavan estudou física na Universidade de Würzburg (Alemaña). En 1978 recibiu o seu doutoramento no Instituto Max-Planck de Química Biofísica en Göttingen e na Universidade de Göttingen. Posteriormente realizou estancias de post-doutoramento en Göttingen, Freie Universität Berlin e Universidade de Cornell (USA). Defendeu a súa habilitación en 1988 e fundou o Grupo de Biofísica Teórica en la Technische Universität München, donde ha sido Profesor desde 1993.

 

Ver cartel da Conferencia y máis información.

Lugar: Aula de Seminarios do CIQUS, 1 Outubro 2012,12:00 a.m.