Andrea Álvarez Pérez, estudiante predoutoral do CIQUS no grupo de Carlos Saá, ven de recibir oficialmente un dos dous premios ó mellor póster no simposio "Catálisis Organometálica como Solución a Retos Sintéticos" celebrado na pasada XXXV Reunión Bienal da RSEQ (A Coruña, 19-23 de xullo).
O título do seu traballo foi "Os-CATALYZED CYCLIZATION OF o-(ALKYNYL)PHENETHYLAMINES BY OSMACYCLOPROPENATION: AN EASY ENTRY TO DOPAMINERGIC 3- BENZAZEPINES", e no xurado estiveron os profesores invitados ao mesmo simposio, Nuno Maulide, Lutz Ackermann, John Bower e Carlos Valdés.
O traballo de Andrea representa unha aproximación eficiente a 3-benzazepinas, un tipo de estructuras heterocíclicas benzofusionadas que se encontran presentes en multitude de fármacos e moléculas biolóxicamente activas como a lorcaserina. No seu traballo, en colaboración co grupo de Miguel Ángel Esteruelas da Univerisidade de Zaragoza, conseguiron illar por primeira vez un osmaciclopropeno, un intermedio clave na reacción de formación de 3-benzazepinas.