El CiQUS convoca la segunda edición de sus Becas de verano

12/02/2016

Disfruta da túa primeira experiencia de investigación en Química  durante 4-6 semanas                     

Es un estudante de Grao apaixonado pola Química? Convidámoste a unha estancia remunerada de catro a seis semanas no CiQUS colaborando con un dos nosos Grupos de Investigación.

 

DESCRICIÓN

CiQUS SUMMER FELLOWSHIPS ofrece, por segundo ano consecutivo, 10 bolsas a estudantes de grao con experiencia en Química ou estudos relacionados, ofrecéndolles a oportunidade de realizar prácticas formativas de iniciación á investigación da man de equipos científicos de excelencia e nunhas instalacións de primeiro nivel. Os estudantes seleccionados recibirán 700 €/mes e gastos de viaxe.

Durante 4-6 semanas, aprenderán a utilizar modernos equipos e instrumentación sofisticada, traballando e vivindo nun ambiente estimulante de investigación na vangarda da química. Tamén poderán participar nas actividades científicas do CiQUS, que inclúen seminarios internos e o Programa de Conferencias impartido por investigadores internacionais.

Coñece aos participantes da primeira edición do programa

REQUISITOS

Os candidatos deben estar matriculados en un dos últimos anos dos seus estudos de grao e ter superado 140 créditos, cunha nota media igual ou superior a 7,5 puntos sobre 10.

SOLICITUDES

Cumplimenta o formulario online e envianos a documentación restante (indicada no formulario) por correo electrónico a ciqus [at] usc.es sinalando no asunto da mensaxe "Verán2016"

Data límite de inscrición: 14:00 h. do 30 de abril de 2016.

Descarga a convocatoria: CiQUS Summer Fellowships 2016

 

 

COÑECE OS NOSOS NOVOS INVESTIGADORES

Neste vídeo presentamos a varios dos nosos novos investigadores. Son estudantes de Doutorado, Máster e Grao, así como investigadores Posdoutorais, que veñen de todo o mundo.

Eles explícannos por qué elixiron o CiQUS. Escoita as súas explicacións e coñece a súa experiencia investigando connosco. Know the CiQUS MAKERS !

 

Síguenos en las redes sociales: