04/05/2012
O Grupo Especializado de Química Orgánica da RSEQ concedeu a Medalla Ignacio Ribas, na súa edición de 2012, ao noso colega o Prof. Carlos Saá Rodríguez. Esta distinción, que anualmente premia a excelencia dun químico orgánico español polo seu traballo dos últimos cinco anos, recoñece o impacto das contribucións do Prof. Saá e o seu equipo no desenvolvemento de nova metodoloxía sintética baseada en catálise organometálica.