Axudas de apoio á etapa predoutoral do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015 (Plan I2C) Ano 2012, convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
O obxecto do Programa de apoio á etapa predoutoral é outorgar axudas ás universidades galegas que contraten titulados/as superiores para a súa formación como doutores/as nos seus centros.
Ademais da modalidade xeral, á que poden concurrir todos os estudantes que cumpran os requisitos da convocatoria, existe tamén unha Modalidade C destinada especificamente os alumnos que desenvolvan a súa tese doutoral no ámbito do Campus Vida, o Campus de Excelencia Internacional da Universidade de Santiago de Compostela (www.galego.campusvida.info).
No formulario deberán indicarse as modalidades á través das que se solicita a axuda e a orde de preferencia. Prazo: 23-Ago-2012.
Máis información: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120723/AnuncioG0164-280612-0004_gl.pdf