O programa de I+D+i orientada aos retos da sociedade, que constitúe un dos eixes principais do recente Plan Estatal de I+D+i 2013-2016, identifica as prioridades científico-técnicas e sociais que han de orientar as actividades de investigación básica dos axentes do sistema español de ciencia e tecnoloxía nos próximos anos, sobre a base dos grandes retos da sociedade española: a saúde, o envellecemento, a inclusión dos segmentos máis fráxiles da sociedade, a sostibilidade ambiental, o abastecemento enerxético, a biodiversidade, a transformación dos sistemas políticos sociais e a seguridade dos cidadáns. O financiamento estatal a proxectos de investigación básica compleméntase co Programa Estatal de Fomento da Investigación Científica e Técnica de Excelencia, ao que concorreron tamén varios grupos do CIQUS e cuxa resolución se espera nas próximas semanas.