José Luis Mascareñas, premiado na gala «Gallegos del Año»

27/10/2014

José Luis Mascareñas, Director Científico do CiQUS, recolleu o pasado venres uns dos galardóns «Gallegos del Año»

«Galego do Ano» na gala de entrega de premios organizada polo diario El Correo Gallego no Pazo De Congresos De Santiago De Compostela.

O profesor Mascareñas, nacido en Allariz doutorouse na Universidade de Santiago de Compostela (USC), e completou a súa formación postdoutoral nas Universidade de Stanford e de Harvard en USA, así como na Universidade de Cambridge (UK) ou o instituto tecnolóxico de Massachussets (MIT, USA), onde foi profesor visitante.

Actualmente lidera na USC un dos grupos de investigación afincados en Galicia de maior prestixio internacional, e o seu traballo foi recentemente recoñecido coa prestixiosa Advanced Grant del Consejo Europeo de Investigación, financiada con 2,4 millóns de euros.

Esta é XXV edición de los Premios Gallegos del Año que outorga o grupo de comunicación O CORREO GALEGO e que foi instituído en 1990 por quen entón era o presidente da Xunta de Fundadores e editor do xornal, Feliciano Barrera, xa falecido, co propósito de significar as traxectorias individuais ou colectivas, persoais ou institucionais, que máis se significan ao longo do ano na dignificación de Galicia.