O investigador Manuel Gómez (CIQUS, Grupo de Química da Materia Condensada) foi premiada no “I Encontro da Mocidade Investigadora“ celebrado na aula magna de Bioloxía os pasados 13 a 15 de decembro. A súa presentación, titulada “Replication of Natural Nano-Structures wirh Liquid Teflon", acadou o premio a mellor comunicación oral na área de Ciencias Tecnológicas.
A imaxe adxunta amosa a capacidade e precisión na nano-replicación obtida cos polímeros sintetizados neste grupo de investigación con fin de replicar modelos biolóxicos, e foi realizada na unidade de microscopia dos servicios de apoio á investigación da USC (RIAIDT).
O I Encontro da Mocidade Investigadora, organizado pola recentemente creada Escola de Doutoramento Internacional da Universidade de Santiago de Compostela (EDI-USC), pretender dar visibilidade á actividade investigadora da USC no marco dos programas de doutoramento. Ademais, busca promover o intercambio de experiencias entre o persoal investigador en formación e crear un marco para debatir cuestións do seu interese.
Fig: Imagen de microscopia SEM dunha replica polimérica dunha Fragilaria (alga diatomea)