Martin Karplus, Michael Levitt e Arieh Warshl, químicos teóricos, recibiron o Premio Nobel de Química 2013 polo desenvolvemento, nos anos setenta, da química computacional avanzada que permite simular en ordenadores reaccións químicas complexas, mesmo sistemas biolóxicos.
Segundo sinala a Real Academia Sueca de Ciencias sentaron as bases dos potentes programas que se utilizan para comprender e predicir os procesos químicos. Os modelos de ordenador que imitan a vida real son cruciais para a maioría dos avances da química actual".
Estes modelos son ferramentas que permiten predicir a realidade, se unha reacción vai acontecer ou, non así como inventar materiais ou fármacos con propiedades novas. Actualmente estes modelos ten tal poder predictivo que certos experimentos de química se poden realizar nun ordenador en lugar de no laboratorio tradicional.
www.nobelprize.org/nobel_prizes/chemistry/laureates/
http://www.youtube.com/watch?v=igfed5l66Qo#t=14
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/10/09/actualidad/1381313884_234389.html