16/02/2012
No marco do programa de actividades de divulgación científica e proxección social do CIQUS, o pasado 16 de febreiro recibimos a visita da "Escola de Pais e Nais" do Colexio Compañía de María, de Santiago de Compostela. A actividade centrouse nunha visita guiada ás instalacións do centro, explicacións sobre a actividade que se desenvolve nol mesmo, experimentos e demostracións e, finalmente, un coloquio con investigadores do centro. O encontro permitiu abordar temas como a importancia do coñecemento científico como competencia básica en educación, o futuro profesional no eido da Química, as iniciativas emprendedoras en ciencia ou as características da carreira investigadora.