O CiQUS ofrece contratos de investigación a alumnos de máster

05/03/2013

O CIQUS ven de por en marcha un programa de apoio á iniciación á investigación, dirixido especificamente a alumnos de máster, e que incentiva o desenvolvemento de liñas de traballo cooperativas e/ou de interese estratéxico para o centro. Nesta primeira edición ofertáronse sete contratos a tempo parcial, compatibles co desenvolvemento do programa formativo dos estudantes e que durante seis meses apoiarán o arranque das súas respectivas liñas de investigación en distintos grupos adscritos ao CIQUS.

O programa, que pretende ter continuidade nos próximos cursos, contribúe ademais a apoiar os alumnos durante a etapa de máster, previa á realización da tese doutoral, e que actualmente non está cuberta polas convocatorias competitivas de axudas predoutorais.

Na fotografía, os sete alumnos seleccionados. De esquerda a dereita: Natalia Barreiro, Sandra Arias, Noelia Guldrís, Juan M. Priegue, María Campos, Borja Gómez e Manuel Vilas.