O investigador do CIQUS Francisco Rivadulla, poseedor dunha Starting Grant, recibe unha nova axuda

29/06/2012

O reitor da USC, Juan Casares Long, asinou o martes 19 de xuño co conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, un convenio de apoio aos investigadores universitarios como complemento das axudas que reciben os líderes dos programas Starting Grants e Consolider.

Un dos beneficiados é Francisco Rivadulla, investigador do CIQUS e pertencente o grupo de investigación Magnetismo e Nanotecnoloxía (NANOMAG), e que contará con 150.000 euros adicionais en tres anos.

O programa Starting Grants do Consello Europeo de Investigación son unas axudas moi prestixiosas que apoian á creación de grupos de investigación independentes de novos investigadores que desenvolvan ideas na fronteira do coñecemento. A proposta de Francisco Rivadulla xa acadou na convocatoria do 2010 unha axuda de 1,47 millóns de euros para 5 anos, sendo no seu día a primeira Starting Grant da Universidade de Santiago de Compostela e a segunda en Galicia.

O seu proxecto busca desenvolver novos materiais termoeléctricos, os cales poden converter enerxía eléctrica en térmica e viceversa, para producir electricidade a partir de calor de procesos industriais e que sexan menos contaminantes e máis competitivos. Aínda que os materiais termoeléctricos son coñecidos e utilizados dende hai anos, incluso no eido da enxeñería espacial, o problema é que aínda sendo fiables, o seu rendemento é pequeño e son caros.

Rivadulla propón dar o salto a unha solución cun maior rendemento usando películas nanométricas de óxidos con fortes correlacións electrónicas cuias propiedades serán controladas usando arquitecturas similares as dos transistores con efecto de campo.
 

http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2012_06/noticia_0122.html