O Profesor Fernández-Megía pronunciará hoxe un relatorio na Universidade de Friburgo

21/01/2015

O investigador do CiQUS Eduardo Fernández-Megía foi invitado pola Universidade de Friburgo para dar unha charla hoxe no Centro de Investigación de Materiais «Freiburger Materialforschungszentrum (FMF)» no marco dunha rede que integra distintas universidade europeas, como a de Estrasburgo ou a de Basilea. Na súa exposición, falará dalgunhas das bioaplicacións dos dendrímeros e os JACS de RMN.

Sobre Fernández-Megía

Eduardo Fernandez-Megia realizou unha tese doutoral en Química na Universidade de Santiago de Compostela (USC) baixo a dirección do Prof. F. J. Sardiña (1995). Tras unha estanza postdoutoral co Prof. Steven V. Lei na Universidade de Cambridge (1997-1999), retornou á USC como Investigador Marie Curie e Prof. Asociado. Posteriormente, conseguiu un contrato de Investigador Ramon e Cajal (2003), e converteuse en Prof. Contratado Doutor (2008) e Profesor Titular (2009) do Departamento de Química Orgánica da USC. Dende 2011 traballa no Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da USC. A súa investigación céntrase na interfase entre a química orgánica e de polímeros, con especial atención na preparación de nanoestruturas poliméricas con aplicacións biomédicas, e o desenvolvemento de ferramentas de RMN para a súa caracterización.