A reportaxe “Deseñando armas contra as bacterias resistentes”, escrita por Xiana Meda, estudante de Xornalismo na USC, achéganos ás investigacións sobre antibióticos do CIQUS realizadas pola profesora Concepción González Bello. Este artigo é un dos seleccionados como finalista para acadar o II Premio Universitario de Comunicación Científica “Contar a Ciencia”, de GCiencia e "la Caixa".
Este concurso está aberto a estudantes de Xornalismo e Comunicación de Santiago, A Coruña e Pontevedra, que presentarán reportaxes sobre investigacións universitarias. O gañador obterá un premio de 400 euros e unha tablet, e haberá dous finalistas que se levarán 100 euros e unha tablet. Os 10 seleccionados dispoñerán tamén dun diploma acreditativo.
A elección do gañador e dos dous finalistas correrá a cargo dun xurado formado por representes de GCiencia, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, ”la Caixa”, a Secretaría Xeral de Universidades, o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e as tres universidades.