As teses do CiQUS: Cristina Penas Tallón

29/09/2015

 

Hoxe, 29 de setembro, a doutoranda do CiQUS Cristina Penas Tallón defendeu a súa tese doutoral titulada "Designed synthethic peptides for nucleic acid recognition and sensing". Os supervisores do traballo foron os profesores do CiQUS José Luis Mascareñas e Eugenio Vázquez Sentís.

O papel crucial dos ácidos nucleicos como pedra angular na transmisión da información xenética, conduciu ao desenvolvemento de múltiples sistemas sintéticos – desde pequenas moléculas ao deseño de factores de transcrición – cuxas propiedades de unión a ácido nucleicos poden ser moduladas.

Por outra parte, a detección, localización e estudo dinámico celular de ADN e ARN son cada vez máis importantes para a nosa comprensión básica dos procesos biolóxicos da expresión xénica.

Neste contexto, esta tese diríxese ao desenvolvemento de estratexias para o recoñecemento e detección de ácidos nucleicos.