O seu traballo afronta a modulación da reactividade, recoñecemento e autoensamblaxe de sistemas supramoleculares en medio acuoso.
Josefa Fernández Rosas, investigadora do CiQUS, defendeu o pasado venres na Facultade de Química a súa tese de doutoramento, titulada Recoñecemento e autoensamblaxe de sistemas supramoleculares derivados de calixarenos, ciclodextrinas e cucurbiturilos. Un traballo dirixido polos profesores do Departamento de Química Física Luís García Río e María Mercedes Parajó Montes.
A química supramolecular pódese dividir en dous campos principais: a química host:guest e a autoensamblaje molecular; polo tanto, é preciso profundar no coñecemento dos mecanismos de formación de complexos de host:guest desde un punto de vista cinético e termodinámico, así como das propiedades de autoagregación dos hosts hidrofóbicos.
Esta tese tivo como obxectivo a modulación da reactividade, o recoñecemento e a autoensamblaxe de sistemas supramoleculares no medio acuoso. En concreto, describe a formación de complexos host:guest empregando distintos receptores macrocíclicos (host) como ciclodextrinas, cucurbiturilos e calixarenos. As características estruturais dos distintos hosts facilitan a incorporación de moléculas neutras, aniones e cationes, o que os converte en medios de reacción que poden catalizar os procesos que teñen lugar no seu interior, e tamén para autoasociarse e acadar a formación de agregados coloidales.
Parte dos resultados obtidos nesta tese de doutoramento foron publicados en diferentes revistas internacionais, como Org. Biomol. Chem., 2015, 13, 1213-1224 o Supramolecular Chemistry, 2016,28:5-6, 464-474.