As Teses do CiQUS: Manuel Vilas Varela

09/02/2018

O doutorando do CiQUS Manuel Vilas Varela defendeu hoxe venres 9 de febreiro na Facultade de Química a súa tese, titulada «Deseño e síntese de moléculas aromáticas para o desenvolvemento da Química Orgánica sobre superficie».


Supervisado polos profesores Diego Peña e Enrique Guitián, o estudio foi desenvolvido no marco do proxecto europeo PAMS e o consorcio nacional SUPERHYBRID. Nesta tese deseñáronse e preparáronse monómeros para a súa utilización na preparación de nanografenos e cintas de grafeno sobre diferentes superficies. Ademais, sintetizáronse precursores de intermedios orgánicos para a súa xeración e caracterización sobre superficie.

Este traballo realizouse en colaboracion con grupos de investigación de IBM Zúric, JGU Mainz, JUK Krakow, nanoGUNE San Sebastián e ICN2 Barcelona, especialistas en microscopia de forza atómica (AFM) e de efecto túnel (STM) con resolución submolecular. Parte dos resultados obtidos nesta tese doutoral foron publicados en: Nano Lett.2018, 18, 418-423; J. Phys. Chem. Lett., 20189, 25–30; ACS Nano2017, 11, 7355–7361; ACS Nano2016, 10, 9000-9008; ACS Nano.2016, 10 (2), 2644–26513; J. Phys. Chem. C2015119 (49), 27478-27482