O xornal científico Science dedica a portada do seu número do 14 de setembro a un artículo do que son coautores Diego Peña, Enrique Guitián e Alejandro Criado, do CIQUS, e que se desenvolveu en colaboración co grupo de Leo Gross (IBM-Zurich) e con científicos do CNRS francés. O traballo (Bond-Order Discrimination by Atomic Force Microscopy) describe a determinación e diferenciación, por vez primeira, da orde e da loxitude dos enlaces en moléculas individuais mediante unha técnica de microscopia de forza atómica (AFM) sin contacto que emprega unha punta funcionalizada con CO.
O traballo, que amosa os espectaculares resultados da aplicación desta técnica ao fullereno (C60) e a dous hidrocarburos policíclicos aromáticos (HPAs) planares (nanografenos), supón un importante avance para o estudo estructural de moléculas individuais de interese en nanotecnoloxía.
Ver noticia no Xornal da USC e IBM Research.